Dende - Ata: 01/10/2014 - Actualmente
Cando na familia xorden sinais de alerta sobre a existencia dalgún trastorno, podémonos sentir confundidos acerca de que pasos debemos dar e como axudar á persoa. En ASPERGA realizamos unha valoración exhaustiva daqueles casos nos que existen sospeitas de síndrome de Asperger, avaliando con instrumentos específicos e extraendo información de diferentes fontes, co obxectivo de determinar o perfil de fortalezas e dificultades da persoa e considerar a existencia dunha diagnose de síndrome de Asperger.
Para iso, avaliamos as diferentes áreas tanto que adoitan estar afectadas nos casos de síndrome de Asperger, como as que nos permiten realizar unha diagnose diferencial con respecto a outros trastornos. Entre elas, as seguintes:
Esta valoración adáptase en canto a instrumentos e tempos á persoa en particular, realizando sempre un estudo individualizado en cada caso e en contacto con outros profesionais que traballen coa persoa.
Con iso, ademais de considerar a existencia ou non da diagnose, conseguimos un perfil da persoa que nos axuda a clarificar obxectivos de traballo cos que apoialo no seu desenvolvemento, pretendendo conseguir unha mellora do seu benestar social, escolar/laboral, familiar e persoal.
Inscrito no Rexistro de centros, servizos e establecementos sanitarios - Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia C-15-003421
ONDE? Centro da Coruña
HORARIO: Solicitar cita previa