Que facemos >  

Que facemos

Escola de Pais

  • Información e apoio para familias de persoas con síndrome de Asperger
  • Dende - Ata: - Actualmente

 

O apoio ás familias de persoas diagnosticadas con síndrome de Asperger resulta esencial na abordaxe integral das dificultades que adoitan estar presentes no seu día a día. Por iso, póñense en marcha na sede de ASPERGA en A Coruña os encontros de familias, cunha dobre finalidade: por unha parte, informar as familias no manexo de problemáticas usualmente presentes, e por outra, compartir experiencias; co que se pretende traballar diferentes habilidades, recursos e fortalezas que axuden a diminuír o estrés persoal e contribuír con iso á mellora da calidade de vida familiar.

Dende ASPERGA, queremos realizar estes encontros basándonos nas preocupacións reais das familias asistentes ao obradoiro, para iso realizaremos unha sesión inicial de recollida de datos e valoración das demandas que posteriormente traballaremos dende o centro, achegando solucións e guías prácticas e con colaboracións puntuais doutros profesionais.

DIRIXIDO A: familiares maiores de idade de persoas con Asperger.

DURACIÓN: 9 sesións, con frecuencia mensual, de enero a xuño.

 

CENTRO DE A CORUÑA

HORARIO: sábados de 11:00 a 13:00.

LUGAR: Centro Cívico Municipal de Eirís

 

PUNTO DE ATENCIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

HORARIO: sábados de 11:00 a 13:00.

LUGAR: Centro Socio Cultural Vite

 

CIDADE DE NARÓN 

HORARIO: sábados de 11:00 a 13:00.

LUGAR: Asociación de Veciños "Alto do Castaño"

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 2

  • Paseo das Pontes nº 6, baixo
    15004 A Coruña

    Rúa Terranova de Eirís nº 7
    (Centro Cívico Municipal de Eirís)
    15009 A Coruña

    Teléfonos: 881 91 73 18 / 633 283 164
    asperga@asperga.org
  • Avda. Castelao, 48 baixo
    15705 Santiago de Compostela

    C/ Manuel María nº 6
    Salgueiriños - 15705 Santiago de Compostela
    A Coruña
    CABES (Casa de las Asociaciones de Bienestar Social)

    Teléfono: 881 16 51 57

    Rúa Carlos Maside, 7
    15704 Santiago de Compostela
    (Centro Sociocultural Jose Saramago - Vite)

    Teléfono: 981 11 50 86
    asperga@asperga.org

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao
    mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa.
    Logo FBarrie Logo EDISA