Quen somos > Misión, visión e valores

Misión, visión e valores

 

MISIÓN

A Asociación Galega de Asperger nace no 2006, ano no que comeza a tecer unha rede de familias e pesoas con Síndrome de Asperger co obxectivo de loitar por un futuro de inclusión para as persoas con síndrome de Asperger, da seguinte forma:

  • Promovendo a sensibilización e concienciación social do noso ámbito.
  • Ofrecendo un Centro Integral de referencia, no que profesionais especializados deseñen e faciliten servizos de atención e apoio as personas con Síndrome de Asperger e as súas familias, en el que as persoas con TEA sexan participantes activos do seu propio programa de intervención.
  • Traballando en rede con outras entidades para sumar esforzos e lograr un beneficio común.
  • Loitando porque as persoas con SA, sexan cidadáns de pleno dereito, implicando niso as Administracións Públicas.
  • Traballando coas personas con TEA para tomen o control das súas propias vidas e o futuro do seu colectivo. Buscamos organizar ás persoas con TEA para garantizar que as suas voces sexan escoitadas e se tomen en conta cando se fale sobre eles e as súas necesidades a nivel local, rexional e nacional. 
  • Xestionando responsablemente, con ética e total transparencia co fin de alcanzar as nosas metas

 

VISIÓN

Os nosos servizos, actividades e accións están deseñadas dende unha perspectiva que intenta responder ás necesidades das persoas con síndrome de Asperger.

  • Promovendo a calidade de vida das persoas con Síndrome de Asperger, facilitando as ferramentas necesarias para unha inclusión plena na sociedade.
  • Concienciando a sociedade acerca deste trastorno, as súas características e dificultades, pero poñendo tamén en valor as potencialidades das persoas.
  • Educando na xustiza e o dereito das persoas con Síndrome de Asperger a unha vida plena en comunidade.
  • Considerando a implicación de todos os axentes involucrados no desenvolvemento (familia, escola, profesionais, comunidade...) e poñendo o foco na propia persoa.

 

VALORES

O noso desempeño diario apóiase en diferentes valores, entre os que destacamos:

  • Transparencia
  • Profesionalidade
  • Calidade de vida
  • Autodeterminación
  • Solidariedade
  • Sensibilidade
  • Recoñecemento
  • Compromiso
  • Reivindicación
      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Vídeos

Imaxes
  • 1 de 1

  • Paseo das Pontes nº 6, baixo
    15004 A Coruña

    Rúa Terranova de Eirís nº 7
    (Centro Cívico Municipal de Eirís)
    15009 A Coruña

    Teléfonos: 881 91 73 18 / 633 283 164
    asperga@asperga.org
  • Avda. Castelao, 48 baixo
    15705 Santiago de Compostela

    C/ Manuel María nº 6
    Salgueiriños - 15705 Santiago de Compostela
    A Coruña
    CABES (Casa de las Asociaciones de Bienestar Social)

    Teléfono: 881 16 51 57

    Rúa Carlos Maside, 7
    15704 Santiago de Compostela
    (Centro Sociocultural Jose Saramago - Vite)

    Teléfono: 981 11 50 86
    asperga@asperga.org

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao
    mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa.
    Logo FBarrie Logo EDISA