20/10/2019 | ASPERGA
ASPERGA recibe unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo e a iniciativa do Emprego Xuvenil, para a contratación dun traballador social.
1 de 2
© ASPERGA
Desde finais do mes de setembro, a nosa asociación amplía o seu persoal grazas unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e permitiunos poder contar en ASPERGA cunha traballadora social, perfil ata o momento inexistente na asociación e que considerabamos altamente necesario.
O noso novo profesional, Yago Lage Caramelo orientará e asesorará ás familias, así como á propia asociación acerca de subvencións e axudas, traballará na captación de fondos e participará na intervención directa con familias e usuarios tanto de forma individual coma grupal.
Confiamos que o seu traballo con ASPERGA redundará nunha mellora da calidade e cantidade dos servizos ofertados, pretendendo con eles que a nosa asociación medré e dé un paso máis no camiño da inclusión das persoas con síndrome de Asperger e a mellora da súa calidade de vida, así como a da súa familia.
Desde a familia de ASPERGA dámoslle a benvida ao noso equipo!
Arquivada en:
Infórmate > Noticias