Volver a la agenda Volver a la agenda
Asemblea Xeral de ASPERGA

Asemblea Xeral de ASPERGA

  • 29/05/2021 29/05/2021 / 09:00:00

Estimados socios e socias,   

Pola presente, recordámosvos que o día 11 de maio enviamos por e-mail, a convocatoria oficial da próxima Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Extraordinaria, que se celebrarán o próximo sábado 29 de maio as 9:00 en primeira convocatoria e as 9:30 en ultima e definitiva.   

Debido as peculiaridades da situación que vivimos pola pandemia de Covid_19, este ano, a Asemblea Xeral e Extraordinaria celebraranse por vídeo conferencia, a través da plataforma Zoom, e gravaranse para poder garantir a transparencia nas votacións no chat da aplicación. No caso de que no desexe ca súa imaxe e voz queden gravadas, manteña a cámara e os micrófonos pechados.  

Deberá inscribirse antes do xoves, 27 de maio as 24:00 para poder participar e recibir o enlace para conectarse a reunión.

–> INSCRÍBASE AQUI  

No caso de que o socio ou socia non teña a posibilidade de asistir, polo motivo que sexa, mediante a plataforma dixital, a asociación facilitará un espazo no centro de ASPERGA na Coruña e asesoramento para poder seguir a asemblea dende a nosa sede.   

Por outra banda, se necesitan delegar o seu voto, poden facelo achegando á asociación o resgardo cuberto de delegación de voto anexado no e-mail que se lle enviou o 11 de maio. Se non o ten, solicítelo por correo electrónico o antes posible a asperga.datos@asperga.org, dirección ao que o deberá devolver debidamente cumprimentado e firmado  antes do xoves, 27 de maio as 24:00 horas. 

Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono 881 917 318 

Atentamente,

Rita González Fernández
Presidenta de Asperga