
I CONCURSO de POSTAIS DE NADAL ASPERGA 2020
-
EXPOSICIÓN DE TRABALLOS 9/12/2020-8/1/2021
-
NOS CENTROS DE A CORUÑA Y SANTIAGO
O I Concurso de Postais de Nadal de ASPERGA é unha iniciativa a prol da creatividade artística dos nosos socios e usuarios co obxectivo de amosar a riqueza do colectivo e da asociación. ¡Felicita as Festas con arte!
Todas as obras presentadas formarán parte dunha exposición temporal nos centros de ASPERGA que permanecerá aberta do 9 de decembro de 2020 ata o 8 de xaneiro de 2021. Os finalistas recibirán tamén un agasallo e un diploma. As postais gañadoras empregaranse como felicitacións por parte de ASPERGA.