Go up

OS OLLOS DE MAR EN “UNHA MIRADA Á DIVERSIDADE”

Sin categoría

Mar Villamil, 8 anos, apaixoada dos animais (o gato é o seu favorito) e dos peluches (ten tantos que xa hai tempo que na súa casa deixaron de contalos), foi un dos rostros elexidos polo fotoxornalista de El País Óscar Corral para a exposición Unha mirada á diversidade, dentro das actividades programadas este ano no Festigual, o festival pola cultura inclusiva. A faciana de Mar e doutras trece persoas con diversidade funcional ollarán cara nós nas rúas da Coruña ata finais de novembro.

Neste vídeo, Mar cóntanos como foi a súa experiencia posando diante da cámara.

Ver vídeo

TEXTO E VÍDEO: ASPERGA